Sunday 05 de May de 2024

2 positivos por COVID-19 en Camariñas


Os responsables do centro de saúde do Concello de Camariñas informaron á alcaldesa, Sandra Insua, de que actualmente no municipio hai:

– Un total de 2 casos positivo por COVID-19 cos conseguintes contactos que están a ser investigados.
– Desde o Concello queremos resaltar a importancia de manter as medidas de protección establecidas e coñecidas por todos: uso obrigatorio de máscara, distancia social, evitar aglomeracións e unha frecuente hixiene de mans.
– Tamén queremos transmitir a nosa forza e a nosa solidariedade cos contaxiados, que estamos seguros de que pronto pasarán a enfermidade.